“COCIDO DE CONFRATERNIDADE”

“COCIDO DE CONFRATERNIDADE”

A directiva do VILALBA F.S. quere convidar a tod@s @s soci@s e simpatizantes a asistir a un “Cocido” de confraternidade que terá lugar o sábado 9 de marzo ás 15:00 horas no Restaurante “A Nova Ruta” de Vilalba.

Para apuntarse as persoas deberán enviar un correo electrónico á vilalbafs@yahoo.es ou contactar coa directiva.

O prazo para apuntarse remata o domingo día 3 de marzo e os prezos do menú son 25€ para os adultos e 15€ para @s nen@s.