DERROTA DO FEMININO

DERROTA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 9-2 ante o Bembrive F.S. no encontro correspondente á xornada 25 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Bembrive na tarde do sábado.

Xusta derrota do Vilalba F.S. na pista do terceiro clasificado que xa vencera na primeira volta e demostrou ser mellor equipo. O equipo vilalbés acusou as baixas e non puido competir como se esperaba, aínda así conserva a sexta posición na clasificación.