EMPATE DO VILALBA F.S. CO SANTA ISABEL

EMPATE DO VILALBA F.S. CO SANTA ISABEL

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e o S.I. Outeiro de Rei empataron a dous goles, no partido correspondente á xornada 13 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Empate que se pode considerar xusto nun partido no que calquera dos dous equipos se puido levar a victoria. Mellor o equipo vilalbés no primeiro tempo que enviou tres balóns á madeira e que no segundo tempo acusou a expulsión de Iván Gago e a baixa por sanción de Jose López.