EMPATE DO XUVENIL

EMPATE DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., empatou 3-3 contra A Estrada Futsal no partido celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de M. Coto Ferreiro de A Estrada, correspondente á xornada 13 da Liga Galega Xuvenil.

Pequeño traspés do equipo vilalbés que chegaba como favorito ao partido ante un rival que estaba nos postos baixos da clasificación. Este empate non empaña a gran tempada que están a realizar os xogadores do equipo xuvenil.