“O FEMININO CONQUISTA O VI MEMORIAL FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ VÁZQUEZ”
O equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. conquistou ante A Fervenza F.S.F. o trofeo do “VI Memorial Francisco Javier González Vázquez” celebrado no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba na tarde do sábado ante douscentos espectadores.
O equipo feminino do Vilalba F.S. que por primeira vez disputaba este memorial, impúxose nun gran partido a un equipo referente no fútbol sala nacional como é A Fervenza F.S.F.
Por encima do xogo e do resultado final, foi unha nova oportunidade de homenaxear á figura de Francisco Javier González Vázquez, unha persoa que traballou polo deporte vilalbés en xeral e polo fútbol sala en particular.
A FERVENZA F.S.F. (1)
Belén, Raquel, Tania, Carla, Elvira – cinco inicial – Alba Otero (1), Julia, María e Alba Carro.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. (4)
Paula Pérez, Carla, Antía (2), Sabela (1), Ainé – cinco inicial – Carmela, Paula Cortiñas, Marta, Mariña (1), Uxía e Méndez.