O FEMININO EMPATOU CO VIAXES AMARELLE EN BAAMONDE

O FEMININO EMPATOU CO VIAXES AMARELLE EN BAAMONDE

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. empatou 4-4 co Viaxes Amarelle F.S. no encontro correspondente á xornada 26 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Begonte, (Baamonde) na mañá do domingo ao estar o Pavillón Municipal de Vilalba ocupado pola acampada do Festival Independiente de Vilalba (FIV).

Despois dunha mala primeira parte o equipo vilalbés foi quen de mellorar na segunda e empatar no último minuto un partido ante un rival directo. Con este resultado o Vilalba F.S. gáñalle o golaveraxe ao filial do Viaxes Amarelle F.S. gracias á victoria colleitada a domicilio por 1-3 na primeira volta.