O VILALBA F.S CAEU DE NOVO A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu ante o Red Blue Vigo 2015 por 9-6 na xornada 18 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Central de “As Travesas” na tarde do sábado.

Mal partido do equipo vilalbés que por segunda xornada consecutiva a domicilio cosechou unha nova derrota e volveu a encaixar demasiados goles, algo inusual nesta tempada.

Con esta derrota o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. continúa na metade da clasificación e recibirá o vindeiro sábado ao Academia Red Blue 5 Coruña equipo co que está empatado a puntos.