VICTORIA DO XUVENIL

VICTORIA DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., acadou unha nova victoria ante o EDO Sala Ourense por 8-4 no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á xornada 17 da Liga Galega Xuvenil.

O equipo vilalbés dominou claramente o primeiro tempo e chegou ao descanso cun 3-0 a favor. Na reanudación seguiu o bo xogo dos vilalbeses que se puxeron 6-0. A raíz dese momento os xogadores vilalbeses tiveron un exceso de relaxación ata o final do encontro o que fixo que o partido estivera máis igualado e o equipo visitante conseguira maquillar o resultado.

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., sitúase terceiro na clasificación a tres puntos do segundo clasificado.