A FALTA DE PUNTERÍA CONDENA AO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 2-3 ante o Terra de Celanova F.S.F. no encontro correspondente á xornada 7 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na mañá do domingo.

Non mereceu perder o equipo vilalbés ante o líder da competición pero unha vez máis a falta de puntería fixo que os tres puntos voaran a terras ourensanas.

A vindeira fin de semana o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputará o derbi provincial en Monterroso pero antes terá que disputar a fase final da II Copa Deputación de Lugo na que defende o título. A semifinal será ante o Lieders Futsal o día 1 de novembro ás 12:30 horas no Pavillón José M. González “O Chanto” en Sarria. En caso de pasar a eliminatoria a final sería co gañador da outra semifinal entre o F.S.F. Castro e Pizzería Bahía Monterroso F.S.F.