A PEGADA DO CULLEREDO CONDENA AO VILALBA F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. sufriu un duro correctivo ante o Sport Sala Culleredo e caeu por un amplio resultado de dous goles a nove na xornada 24 de liga da Terceira División Nacional celebrada na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Vilalba ante 200 espectadores.

O partido comezou nos primeiros minutos cun par de claras ocasións para o Vilalba F.S. que non logrou materializar e coas catro primeiras chegadas do equipo visitante que acabaron en gol. A eficacia do equipo coruñés foi moi alta e chegouse ao descanso co resultado de 1-6.

Na segunda parte o partido xa non tivo historia e aínda que os xogadores vilalbeses intentaron maquillar o resultado no foron quen de conseguilo.

O Vilalba F.S. non puido refrendar o bo xogo e a gran victoria colleitada a semana anterior na difícil pista de Pazos de Borbén e viu como o Sport Sala Culleredo F.S. o relega á quinta posición na táboa clasificatoria.

SPORT SALA CULLEREDO F.S.
David, Miguel, Oscar (5), Fernando, Víctor (1) – cinco inicial – Socastro (2), Mallo, Jorge (1) e Alejandro.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Jose López (1), Rubén Mouriz, Asier, Fran Pastor (1) – cinco inicial – Areñas, Freire, Martín, Paulo e Nuno.

COMPARTIR