A PEGADA DO LÍDER DERROTA AO VILALBA F.S.

A PEGADA DO LÍDER DERROTA AO VILALBA F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. colleitou unha derrota por 0-4 ante o Castro F.S. no encontro correspondente á xornada 21 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do venres ante máis de douscentos espectadores.

Na primeira parte as xogadoras do Vilalba F.S. saíron moi nerviosas e a efectividade do Castro nas súas chegadas xunto cos fallos defensivos e no remate a porta do equipo vilalbés fixo que se chegara ao descanso cun abultado resultado de 0-3.

Na segunda parte o Vilalba F.S. estivo mellor pero de novo a falta de definición fixo que non acadara algún gol que mereceu.

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. continúa no quinto lugar da clasificación.