A SEGUIR FORTES NA CASA

Este sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao A.D.F.S. Bueu na xornada 22 de liga da Terceira División Nacional.

Despois da abultada derrota en Lugo fronte ao Ribeira F.S. o pasado sábado, o equipo vilalbés tratará de conseguir os tres puntos para manter o cuarto posto na clasificación.