ABULTADA DERROTA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. sufriu unha abultada derrota na Copa ao caer por 8-1 ante a U.D. Pastoricense no encontro correspondente á quinta xornada da Copa 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de A Pastoriza na tarde do sábado.

Derrota abultada nun partido no que o equipo vilalbés estivo falto de xogadoras, con soamente dous cambios. Competiu ben na primeira metade e malia encaixar o primeiro gol, fixo un bo xogo. Cando mellor era éste chegou o segundo gol nunha contra antes do descanso.

Na segunda parte as xogadoras vilalbesas saíron con intención de darlle a volta ao marcador e pronto Akira marcou o 2-1. Puido chegar o empate en varias ocasións pero mediada a segunda parte nun minuto a U.D. Pastoricense anotou dous goles que sacaron do partido ao equipo vilalbés. Tras un tempo morto, chegaron varias acción desafortunadas e que pouco teñen que ver co xogo que fixo que as xogadoras vilalbesas saíran completamente do partido. O equipo local aproveitou esa situación para acadar catro goles máis.

Unha mágoa dos últimos dez minutos que empañaron o traballo e o esforzo realizado nos anteriores trinta minutos.

A vindeira xornada o equipo vilalbés recibirá ao Burela F.S. Pescados Rubén, onde se xogarán a segunda praza do grupo e o pase ás semifinais de Copa.

U.D. PASTORICENSE F.S.
Antía Lamas, Antía (1), Sandra Lejo, Lara (5), Andrea (1) – cinco inicial – Noelia, Laura, Mirian, Lidia e Sandra Ferreiros (1).

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Akira (1), Sabela, Méndez, Cayu – cinco inicial – Antía e Xina