ABULTADA DERROTA  

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu na visita ao Academia Red Blue 5 Coruña por 5-1 no partido disputado na tarde do sábado no Pavillón “Novo Mesoiro” de A Coruña correspondente á xornada 5 de liga da Autonómica feminina.

As rapazas do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. colleitaron unha derrota moi abultada para os méritos feitos e acusaron as baixas coas que viaxaron a terras coruñesas.

O vindeiro domingo ás 17 horas o equipo vilalbés recibirá no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ao Fútbol Club Meigas.

Ficha Técnica:

ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA
Natalia, Sandra (1), Ainhoa (1), Alba R., Carla – cinco inicial – Antía, Rocío, Ana, Nerea, María, Elena, Inés (3), Alba V. e Natalia.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Carmela, Paulita, Aisha (1), Carla, Marta – cinco inicial – Iria, Noemí, Lara e Carlota.