ABULTADA DERROTA PARA EMPEZAR

Mal comezo de temporada para o equipo senior do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. que no desplazamento a Coruxo caeu derrotado por un amplio tanteo de 7-1 ante o Talleres ABC I.E.S Coruxo. Un resultado, quizá abultado para o que realmente ocurriu na pista.

Nun partido igualado na primeira parte, chegouse ao descanso co resultado de 2-1. Ao inicio da segunda parte e tras un saque de banda o Coruxo logrou o terceiro gol. Acto seguido o equipo local quedou en inferioridade que non soubemos aproveitar e nunha boa contra puxeron o 4-1. A falta de 5:30 sacamos o porteiro xogador sen obter o resultado esperado, e incluso o porteiro local logrou marcar dous goles e posteriormente nunha contra estableceron o definitivo 7-1.

O equipo que adestran Alfonso e Luis tratará de olvidar este duro resultado e correxir erros para o vindeiro encontro que será o debut na casa fronte ao Rececende F.S.

COMPARTIR