ABULTADA DERROTA EN MARÍN

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu derrotado ampliamente ante o Ancora D’ouro F.S. no encontro correspondente á sétima xornada da Liga Galega Xuvenil celebrado no Pavillón de “A Cañota” de Marín.

O partido comezou ben para o equipo vilalbés que se adiantou no marcador nos primeiros minutos. Despois o equipo marinense deulle á volta ao marcador situando un 3 a 1 ao seu favor. Nos últimos minutos do primeiro período o equipo vilalbés marcou o segundo gol e tivo numerosas e clarísimas ocasións para empatar, pero no último minuto o equipo local conseguiu o cuarto gol co que se chegou ao descanso.

A segunda parte comezou igualada pero o quinto gol do Ancora D’Ouro F.S. fixo que o equipo vilalbés baixara os brazos e se chegara ao final co resultado de 7-3.

ANCORA D’OURO F.S.
Eloy, David, José Pascual, Rubén, Martín – cinco inicial – Roberto Carlos, Brahim, Javier e José.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Antón, Diego, Iker e Brais – cinco inicial – Juan Diego, Alberto, Xosé, Martín, Alex Leiras e Hugo.

GOLES:
0-1 Brais. (Min. 2)
1-1 Brahim. (Min. 8)
2-1 Rubén. (Min. 10)
3-1 Martín. (Min. 13)
3-2 Xosé. (Min. 17)
4-2 José Pascual. (Min. 19)
5-2 Rubén. (Min. 26)
6-2 Javier. (Min. 31)
7-2 Martín (Min. 33)
7-3 Antón. (Min 39)