ABULTADA DERROTA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu por 5 goles a 0 ante o Ribeira F.S., no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo, correspondente á xornada 21 de liga da Terceira División Nacional.

O partido comezou moi igualado en posesións e ocasións para os dous equipos. A boa actuación dos porteiros fixo que se chegara ao descanso co resultado de empate a cero. A mala noticia foi a lesión de Asier que recibiu unha dura entrada, merecedora de expulsión aínda que soamente foi tarxeta amarela, que o incapacitou para o resto do encontro.

Ao principio da segunda parte o equipo local adiantouse cun gol despois dunha boa xogada. O partido seguiu con posesión para os dous equipos e con ritmo alto de xogo. O Vilalba F.S. perdonou ocasións moi claras e así foi castigado co segundo gol mediado o segundo acto.

A falta de cinco minutos para o remate, Freire enfundouse a camiseta de porteiro xogador pero o Vilalba F.S. non creou perigo e foi á contra o Ribeira F.S. o que conseguiu o terceiro gol. Xa no tramo final o equipo lucense seguiu defendendo ben o cinco para catro e ampliou o resultado con dous goles máis.

RIBEIRA F.S.
Francisco, Jairo, Quintela, Lobeiras, Samuel – cinco inicial – Javier Fernández, Marcos, Javier Regueiro e Alberto.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Jose López, Rubén Mouriz, Freire, Fran Pastor – cinco inicial –Areñas, Tucho, Asier, Martín, Paulo, Nuno e Antón.

GOLES:
1-0  Quintela. (Min. 22)
2-0  Javier Fernández. (Min. 30)
3-0  Francisco. (Min. 34)
4-0  Francisco. (Min. 37)
5-0  Lobeiras. (Min. 39)

 

COMPARTIR