ADESTRAMENTOS SEN CONTACTO

A plantilla do equipo senior masculino do Vilalba F.S. continúa adestrándose para o comezo da Tempada 20/21.

A espera de ter autorización por parte da Xunta de Galicia para adestrar con contacto, as sesións preparatorias están a ser sen contacto e cumprindo o protocolo do Concello de Vilalba, (distancia mínima de seguridade, cada xogador na súa zona, limpeza de mans con hidroxeles, desinfección de material, etc…) e implementado con outras medidas medidas preventivas fundamentais como a toma de temperatura ao entrar na instalación deportiva.

Esta semana está previsto que saia publicado o calendario de competición e o comezo da mesma para finais de outubro.