ADEUS Á COPA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu inxustamente por 1-2 ante o  Pescados Rubén Burela F.S. “B” no encontro correspondente á última xornada da fase previa da Copa 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do domingo e con este resultado queda apeado da competición copeira.

O partido na súa primeira parte estivo igualado aínda que as mellores ocasións foron para o cadro local por mediación de Sabela que puido adiantar ao Vilalba F.S. antes do descanso.

A segunda parte empezou mal para as vilalbesas xa que nos tres primeiros minutos, en dúas contras, o equipo burelés púxose cun preocupante 0-2 para o equipo vilalbés.

Ás xogadoras do Vilalba F.S. sabedoras de que só lles valía a victoria, foron a polo partido, e aínda mermadas físicamente e con varias baixas tiveron infinidade de ocasións para gañar o encontro e acceder ás semifinais de Copa. Incluso dispuxeron de superioridade numérica pola expulsión dunha xogadora do Burela F.S. pero unhas veces a madeira, outras a porteira visitante e a mala sorte fixeron que a victoria fora para o equipo da mariña.

Coa eliminación o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. despídese dunha exitosa temporada 2017-2018, que pasará á historia pola consecución do título de Campión da Liga Primeira Galicia.

PESCADOS RUBÉN BURELA F.S. “B”
Nerea, Andrea, Noemí, Cristina, Claudia – cinco inicial – Emma, Xela e Carla.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Sabela, Xina, Akira, Méndez – cinco inicial – Antía, Cayu, Carmela e Marta.

GOLES:
0-1 Noemí. (Min. 21)
0-2 Emma. (Min. 23)
1-2 Antía. (Min. 29)