Os adestradores do Vilalba F.S., Alfonso González e Luís Vázquez non continuarán adestrando ao equipo de Terceira División Nacional.
Alfonso González, levaba adestrando oa equipo desde o ano 2008, data na que o clube retomou a competición deportiva en categoría provincial, e levouno ata a Terceira División Nacional.
Luís Vázquez, que actuou nesta etapa tamén como xogador, estivo como adestrador as tres últimas tempadas.
A decisión tomada pola directiva e ambos técnicos foi de mutuo acordo.
O Vilalba F.S. agradécelles todo o traballo e esforzo realizado durante estes anos e deséxalles o maior dos éxitos nas súas vidas profesionais e persoais.
MOITAS GRACIAS!!!