APLAZADO O “V MEMORIAL FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ VÁZQUEZ”

O “V Memorial Francisco Javier González Vázquez” que se ía celebrar o vindeiro sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, foi aplazado por causas axenas á vontade do Vilalba F.S.

Debido á celebración nestas datas dos oitavos de final da “XXVII Copa Galicia de Fútbol Sala” para as que o Vilalba F.S. está clasificado, foi imposible conseguir un equipo da talla que merece a homenaxe.

A directiva do Vilalba Fútbol Sala xa está barallando varias datas e equipos para a celebración do Memorial adicado a unha das persoas que máis traballaron polo deporte vilalbés en xeral e polo fútbol sala en particular.

COMPARTIR