AS BAIXAS LASTRAN AO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 2-4 ante o Bembrive F.S. no encontro correspondente á xornada 9 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Derrota do Vilalba F.S. que competiu ben ante o segundo clasificado pero as baixas, lesións durante o partido e unha rigurosa expulsión lastraron ao equipo vilalbés que mereceu algo máis.