ASIER, EX DO AZKAR LUGO, RECALA NO VILALBA F.S.

Asier González Núñez (1996, Guitiriz), é a segunda incorporación do VILALBA F.S. para a temporada 2017-2018. O xogador lucense, que militará no VILALBA F.S. na posición “Universal”, formouse nas categorías do Azkar Lugo debutando co primeiro equipo na Primeira División do Fútbol Sala Nacional na temporada 2013-2014. A pasada temporada estivo no Autos Muíños de Guitiriz en categoría autonómica. A pesar da súa xuventude, ten un gran palmarés, destacando os títulos de “Campión de España” de clubes en categorías infantil e cadete, e dúas veces “Campión de España” coa Selección Galega en categoría cadete. Con esta incorporación xa son tres os xogadores que militan no VILALBA F.S. procedentes da canteira do Azkar Lugo, Jose López, Rubén Mouriz e Asier González.

Benvido Asier!!!!!