Asier González, que levaba tres tempadas vestindo a elástica vilalbesa deixa o clube por decisión propia.
Durante este tempo foi un gran referente no equipo vilalbés e estivo sempre entre os máximos goleadores da categoría polo que o Vilalba F.S. perde unha peza importante no xogo de ataque.
O Vilalba F.S. agradécelle todo o traballo e compromiso que tivo co clube vilalbés nestes tres anos e deséxalle o maior dos éxitos na súa vida profesional e persoal.
Moitas grazas, Asi!!!