“AYALITA”, NOVO XOGADOR DO VILALBA F.S.

Christian Camilo Ayala González “Ayalita”, (Colombia, 1989) é a terceira incorporación do Vilalba F.S. para a tempada 2019-2020.

O equipo vilalbés, que incorpora a un gran xogador que destaca sobre todo pola capacidade goleadora, asegura un ben preciado como o gol.

Ayalita xogou 4 anos no Cidade de Narón F.S.e as últimas 3 tempadas no Esteo F.S. ambos equipos de superior categoría.

         Benvido, Ayalita.