BOAS SENSACIÓNS MESMO RESULTADO

B

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 4-2 ante o filial de O Parrulo F.S. no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de “A Malata” de Ferrol, correspondente á xornada 12 de liga da Terceira División Nacional.

O partido estivo igualado de principio a fin no que o equipo vilalbés adiantouse no primeiro tempo cun gol de falta de Diego Fente e tivo ao rival dez minutos con cinco faltas. Pero no último minuto o equipo local dispuxo dun penalti para igualar o marcador.

A segunda parte continuou polos mesmos derroteiros pero o equipo filial do Parrulo tomou vantaxe de dous goles. No toma e daca dos porteiros xogador, ambos equipos o utilizaron, recurtou Asier faltando dous minutos, pero nos últimos instantes unha man dentro da área propiciou un penalti e expulsión de Jose López e o definitivo 4-2.

Boas sensacións as deixadas polo Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. que viu de novo como a falta de gol, a pesar de ser o equipo menos goleado da categoría, penalizouno no resultado final.

Na vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá o vindeiro sábado 22 de decembro ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba ao Santa Isabel de Outeiro de Rei.