CAMPIÓN DE INVERNO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou 5-8 ao Baíña F.S. – Baitra no partido correspondente á ultima xornada da primeira volta da Terceira División Nacional celebrado o domingo pola tarde no Pavillón Municipal de Baiona.

O partido comezou mal para o equipo vilalbés que encaixou dous goles nos primeiros minutos pero que reaccionou ben e en dous minutos Jose López, Paulo e Asier déronlle a volta ao marcador. Volveu empatar o equipo local e no último minuto da primeira metade Gago e Ayalita de dobre penalti estableceron o 3-5 co que se chegou ao descanso. Anteriormente o Baíña F.S. tivo a favor un penalti e dous dobres penaltis que se encargou de paralos Juan Rivero.

O equipo adestrado por Kini na segunda metade impuxo a súa condición de líder da categoría e ampliou a vantaxe con goles de Antón, Asier e Paulo.

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. remata a primeira volta cunhos números espectaculares, 12 victorias, 1 empate e 2 derrotas, 85 goles a favor (equipo máis goleador) e 45 goles en contra (terceiro equipo menos goleado), que o proclaman campión de inverno.

A vindeira xornada visitará ao C.D. Lugo Sala (terceiro clasificado) o vindeiro domingo ás 17 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo.