CARLOS AREÑAS E FRAN PASTOR, DÚAS NOVAS INCORPORACIÓNS PARA O VILALBA F.S.

O VILALBA F.S. segue reforzándose para a vindeira temporada. As dúas últimas incorporacións son Carlos Areñas e Fran Pastor.

Carlos Areñas Riesco, “Areñas”, xoga na posición de porteiro. Ten 22 anos, e xogou en todas as categorías do Azkar Lugo, debutando co primeiro equipo en Primeira División, e xogando o seguinte ano na División de Plata. En categoría xuvenil tamén xogou no I.E.S. Coruxo de División de Honra e posteriormente pasou ao Bembrive de Segunda División “B”. A pasada temporada estivo no Casás C.P. de Terceira División Nacional. Súmase así ao proxecto deportivo do VILALBA F.S. onde coincidirá con varios ex xogadores do Azkar Lugo.

Fran Pastor Blanco “Fran”, xogador de 21 anos, procede das categorías inferiores do C.D. Lugo, e xogou nos seguintes equipos: Chantada, Lemos, Polvorín e Sarriana. Nesta temporada da o salto ao fútbol sala na categoría nacional aínda que leva alternando os dous deportes desde categorías inferiores. Destaca pola súa faceta goleadora, un aspecto en que o equipo era deficitario. Nos vindeiros días, a directiva do VILALBA F.S. pretende pechar a plantilla con algunha outra fichaxe e renovacións pendientes.

Benvidos!!!!!!!

COMPARTIR