“CHAFA” SUBE AO PRIMEIRO EQUIPO DO VILALBA F.S.

Alejandro Varela Prieto “Chafa”, defenderá a portería do Vilalba F.S. na tempada 2020/2021.

Unha vez rematada a etapa xuvenil e tendo en conta que na pasada tempada xa realizou boas actuacións co primeiro equipo, Chafa conta coa confianza do adestrador “Kini” que aposta por un porteiro da casa, xunto con Juan Rivero, para defender a portería do equipo vilalbés.