COMENZOU O I CAMPUS VILALBA F.S.

Onte comenzou o I Campus organizado polo Vilalba F.S. para rapaces en idades comprendidas entre 6 e 16 anos.

No primeiro día do campus destacou antes do almorzó o acto musical a cargo das rapazas do equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e a sesión de adestramento da tarde cos xogadores de Primeira División de O Parrulo F.S., Diego Núñez, Ignacio González “Illi” e Miguel Muñoz.