COMEZA A COPA PARA O FEMININO

O vindeiro sábado ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Vilaba terá lugar o encontro correspondente á primeira xornada da primeira fase da Copa “Primeira Galicia feminina” entre os equipos Concello de Begonte F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

As rapazas do Vilalba F.S. despois de acadar o título ligueiro nunha extraordinaria temporada comezan o torneo de Copa con gañas de facer un bo papel e chegar o máis lonxe nesta competición. Nesta primeira xornada da liguilla reciben ao Concello de Begonte F.S. que a priori, por clasificación na competición de liga é o equipo menos forte. Nos dous partidos disputados esta temporada as xogadoras vilalbeses tiveron que esforzarse moito para acadar a victoria polo que non deberán confiarse.

O outro partido da primeira xornada no grupo norte será o que disputen o Burela F.S. Pescados Rubén e a U.D. Pastoricense.

COMPARTIR