COMEZA A LIGA PARA O XUVENIL DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

O equipo xuvenil do Grupo Forma-t Vilalba F.S. comeza esta fin de semana a súa andaina un ano máis na Liga Galega. O primeiro partido será como visitante a petición da entidade vilalbesa e terá lugar o venres ás 21:30 horas no Pavillón do Palomar (Lugo) ante o Ribeira F.S. O motivo de solicitar xogar como visitante no primeiro encontro é que a instalación vilalbesa estará ocupada, un ano máis, polo FIV.

 

Respecto á tempada anterior o Vilalba F.S. tivo as baixas de Tini, Chafa, Iker, Tito, Pelouro, Leiras, Aitor, Copa e Marcos. Os xogadores que continúan son: Hugo, Tinete, Dilan, Chechu, Xoel Díaz, Brais, Pablo Lozano, Diego Maseda, Pablo Pérez, Abraham e Pablo Díaz aos que se incorporan: Mario, Diego Amado, Xoel Gacio, Michael e Kauan. O corpo técnico estará formado por Nuno que debuta na categoría como adestrador e Ledín será o delegado.

Forza Forma-t!!!