COMEZA A PRETEMPADA

O equipo senior masculino do Vilalba F.S. comezou onte a adestrarse preparando a Tempada 20/21.

Respecto á tempada anterior o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. tivo as baixas de Iago, Asier, “Jose López”, Pablito Villar, Xosé e Ayalita. Os xogadores que continúan son: Juan Rivero, Nuno, Iván Gago, Antón, Aitor, Paulo e Chafa que rematou a etapa de xuvenil, a eles hai que engadir as incorporacións de Coe, Fede, Iago Fariñas, Mario e Isma aínda que non se descarta algunha outra fichaxe. Facendo a pretempada tamén están tres xogadores do equipo xuvenil: Adrián, Hugo e Tini. Outra novidade no corpo técnico é as incorporacións de Leo e Miguel para axudar ao adestrador Quini o cal comeza a súa segunda tempada no banco vilalbés.

Para a vindeira semana sairá o calendario dunha competición que este ano estará dividida en dous grupos, (norte e sur), e o comezo está previsto para finais de outubro.

Por outra banda o equipo senior feminino e o xuvenil agardan a saber si haberá competición para iniciar os adestramentos.

Forza Peugeot!!!