COMEZA A SEGUNDA VOLTA DA COPA

O vindeiro domingo ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Begonte, (Baamonde), terá lugar o encontro correspondente á primeira xornada da segunda volta da primeira fase da Copa “Primeira Galicia feminina” entre os equipos Concello de Begonte F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

As rapazas do Vilalba F.S., unha vez rematada a primeira volta da fase previa, atópanse na segunda posición empatadas co Burela F.S. Pescados Rubén, e a tres puntos do líder U.D. Pastoricense, polo que é imprescindible unha victoria en Begonte para seguir dependendo de sí mesmas de cara a xogar as semifinais da Copa.

O outro partido desta xornada no grupo norte será o que disputen a U.D. Pastoricense e o Burela F.S. Pescados Rubén.