COMEZA A TEMPADA PARA O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. FEMININO

O equipo feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. comeza esta fin de semana a súa andaina na Preferente Galicia. O primeiro partido será como visitante a petición da entidade vilalbesa e terá lugar o sábado ás 18 horas no Pavillón Municipal de Ribadavia. O rival será o recén ascendido Ribeiro do Avia C.F. O motivo de solicitar xogar como visitante no primeiro encontro é que a instalación vilalbesa durante sete días estará ocupada polo FIV, (un ano máis), polo que o equipo vilalbés xa adestrará os días previos, como o fará durante boa parte da tempada, nunha instalación alternativa impropia dun equipo desa categoría.

Respecto á tempada anterior o Vilalba F.S. tivo as baixas de Iria, Carolina, Lara, Xiana e Noemí. As xogadoras que continúan son: Antía, Paulita, Aisha, Akira, Carla, Carmela, Marta e Kayu, ás que hai que engadir as incorporacións de Antía Roig, Nerea e Sabela que regresa ao equipo. O corpo técnico estará formado por Quini como primeiro adestrador, Miguel como segundo adestrador e Ledín como delegado.

Forza Forma-t!!!