COMEZA A LIGA GALEGA XUVENIL

Este fin de semana comeza a competición na Liga Galega Xuvenil na que o equipo do VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. retorna tras varios anos competindo na División de Honra.

Aínda que o obxetivo principal é o de formar aos rapaces para o equipo de Terceira División Nacional non se descarta loitar polos primeiros postos que dan a posibilidade de ascender á categoría de División de Honra da que descendeu a temporada pasada.

Nesta primeira xornada o equipo que adestra Fernando descansará logo de que o seu rival, o CIOS Vigo F.S., se retirara da competición ao igual que o Baíña F.S.-Baitra. Polo tanto non debutará ata a segunda xornada na que recibirá ao GRI Carballiño F.S.

Os 14 equipos que competirán na Liga Galega Xuvenil son os seguintes: Ancora D’Ouro F.S., Prone Lugo Adarve, E.D. Poio Pescamar F.S., Concello de Begonte F.S., Redondela F.S., Os Meigallos F.S., Prolsport/Vivian, Pizarras Los Tres Cuñados F.S., Pescados Rubén Burela F.S., GRI Carballiño F.S., E.D.C. Verín, Academia Red Blue 5 Coruña, Concello de Coles e VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.