COMEZA A LIGA DE TERCEIRA DIVISIÓN

O sábado ás 17:00 horas no Polideportivo de Coruxo o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputará o primeiro partido de liga da Terceira División Nacional de fútbol sala onde terá como rival ao Talleres ABC I.E.S Coruxo.

O equipo que adestran Alfonso e Luis tratará de conseguir os tres puntos nunha complicada cancha como é a de Coruxo onde o ano pasado estiveron a piques de conseguilo. Para elo os técnicos dispoñen de todo o plantel, agás Tucho que segue co seu proceso de recuperación da lesión que xa o tivo apartado das pistas parte da temporada pasada.