COMEZA A SEGUNDA VOLTA EN TERCEIRA DIVISIÓN

O sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Talleres ABC I.E.S Coruxo F.S. no encontro correspondente á decimosexta xornada, primeiro da segunda volta, da Terceira División Nacional.

O equipo vilalbés volve a ter un partido moi complicado na casa, como a xornada pasada, onde tratará de conseguir os tres puntos fronte a un equipo que destaca pola súa fortaleza física, que está cuarto clasificado con catro puntos de vantaxe sobre os de Vilalba, e que na primeira xornada de liga gañara por 7-1 aínda que fora un resultado demasiado abultado para os méritos dun e doutro equipo.