COMEZA A SEGUNDA VOLTA PARA O XUVENIL

Este sábado ás 19 horas no Pavillón Paco Chao (Anexo) de Carballiño terá lugar o encontro entre o GRI Carballiño F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. correspondente á xornada 17 da Liga Galega Xuvenil.

No encontro da primeira volta os vilalbeses gañaron con solvencia por 7-2 e tratarán de sumar unha nova victoria para comezar unha segunda volta de competición da que se espera un mellor xogo e mellores resultados.

COMPARTIR