COMEZA A SEGUNDA VOLTA

O vindeiro sábado 16 de decembro ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o primeiro partido da segunda volta da Primeira Galicia Feminina entre o Meigallos F.S.F. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés tratará de olvidar a derrota colleitada na pista do U.D. Pastoricense ante un rival que ocupa as últimas posicións na clasificación.

As rapazas adestradas por Jose e Miguel, intentarán manter o nivel tan alto de xogo e resultados acadado na primeira volta de competición e loitar polo primeiro posto coa U.D. Pastoricense, co permiso dos perseguidores Lieders F.S. e Pescados Rubén Burela F.S. “B”.