COMEZAN OS PLAY OFF POLO ASCENSO A 2ª B

Unha vez rematada a primeira fase da competición o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., terceiro clasificado no grupo A, disputará a eliminatoria de cuartos de final polo ascenso á terceira categoría do fútbol sala nacional ante un potente rival como é o Portus Apóstoli Noia F.S. “B” segundo clasificado do grupo B.

O filial do Noia F.S. é un gran rival con varios xogadores que disputaron moitos minutos co primeiro equipo e que disputaron a fase de ascenso a primeira división.

O primeiro partido será este sábado ás 19:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba e a volta será a seguinte semana na localidade noiesa. O vencedor desta eliminatoria que se presenta moi igualada xogará a semifinal contra o vencedor da eliminatoria entre o C.D. Lugo Sala e o A.D.F.S. Bueu.

Antes deste apaixoante encontro o equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá a Os Meigallos F.S. na fase de ascenso a División de Honra xuvenil e outro partido interesante será o que celebre o equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. o domingo ás 17:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo ante o primeiro clasificado o Lieders-Ribeira F.S.