COMIDA DE FIN DE TEMPADA

O VILALBA F.S. celebrou este sábado a tradicional comida de fin de tempada no Restaurante “A Revolta”.

Xogadores, técnicos e directivos xuntáronse unha vez máis ao rematar a tempada e no transcurso da comida o Presidente, Alvaro Fraga, entregou aos adestradores do equipo senior masculino, Alfonso González e Luís Vázquez, unha placa en agradecemento ao traballo e dedicación mostrada co clube durante todos estes anos.