O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., gañou por 0-4 ao Villa de Cee F.S. no partido celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Cee, correspondente á xornada 25 de liga da Terceira División Nacional.
O equipo vilalbés nun partido máis cómodo do que se prevía doblegou a un equipo complicado na súa pista e que se está xogando o descenso.
Non foi ata os últimos minutos do primeiro tempo cando o Vilalba F.S. logrou abrir o marcador por mediación de Paulo e un minuto antes do descanso, Fran Pastor ampliaba a vantaxe.
Nos primeiros minutos da segunda parte o equipo vilalbés sentenciou o encontro con dous goles máis obra de Rubén Mouriz establecendo o resultado final de cero goles a catro.
Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. continúa na súa loita polo cuarto posto que ocupa o Sala Sport Culleredo, equipo co que está empatado a 48 puntos.
VILLA DE CEE F.S.
Santiago, Angel, Juan José, Javier, Jose Angel – cinco inicial – Miguel Angel, Aitor, Eduardo, Pablo e Mario.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Areñas, Jose López, Rubén Mouriz, Fran Pastor, Nuno – cinco inicial –Paulo, Freire e Antón.
GOLES:
0-1 Paulo. (Min. 17)
0-2 Fran Pastor. (Min. 19)
0-3 Rubén Mouriz. (Min. 23)
0-4 Rubén Mouriz. (Min. 25)