CÓMODA VICTORIA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. acadou unha nova victoria a domicilio ao vencer ao C.P. Casás por catro goles a tres na antepenúltima xornada de liga da Terceira División Nacional.

O partido na primeira parte foi bastante disputado aínda que as ocasións foron para o equipo vilalbés. Nos últimos minutos do primeiro tempo, Rubén Mouriz e Fran Pastor puxeron por diante ao Vilalba F.S.

A mediados da segunda parte o equipo lucense conseguiu marcar nunha contra pero acto seguido, de novo Rubén Mouriz e despois Jose López poñían o 4-1 no marcador sentenciando o encontro.

Xa nos últimos minutos o C.P. Casás xogou co porteiro xogador e conseguiu dous goles. Aínda así, a victoria local non perigou en ningún momento.

Con este resultado o C.P. Casás certifica o descenso de categoría e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. sitúase cuarto na clasificación. A próxima xornada volverá a xogar como local, recibindo ao Carballiño F.S.

C.P CASÁS
Pablo, Sergio, Jose C., Alamo, Ignacio – cinco inicial – David Losada, Jacobo, Julio, David Arias, Rafael e Roberto.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Jose López, Rubén Mouriz, Asier, Fran Pastor – cinco inicial –  Areñas, Antón, Freire, Paulo e Nuno.

GOLES:
1-0  Rubén Mouriz. (Min. 18)
2-0  Fran Pastor. (Min. 19)
2-1  David Arias. (Min. 29)
3-1  Rubén Mouriz. (Min. 33)
4-1  Jose López. (Min. 35)
4-2  Jose C. (Min. 38)
4-3  Jose C. (Min. 39)

COMPARTIR