COPA 1ª GALICIA FEMININA

Onte saíron os calendarios de competición de Copa para os equipos da categoría de 1ª Galicia Femenina. O torneo comezará o fin de semana do 7 de abril e rematará o primeiro fin de semana de xuño.

O formato de Copa terá unha fase previa con dous grupos de catro equipos que disputarán unha liguilla a dobre volta e na que os dous primeiros clasificados de cada grupo pasarán ás semifinais.

As semifinais que serán o fin de semana do 26 de maio disputaranse a partido único na casa do mellor equipo clasificado na liguilla, e os cruces serán   o primeiro clasificado do grupo norte contra o segundo clasificado do grupo sur e primeiro clasificado do grupo sur contra o segundo clasificado do grupo norte.

A final celebrarase o fin de semana do 2 de xuño, nunha sede aínda por determinar, e coincidirá coa final da categoría femenina.

O Vilalba F.S. quedou encadrado no grupo norte coa U.D. Pastoricense, Concello de Begonte F.S. e o Pescado Rubén Burela F.S. Trátase polo tanto dun grupo moi forte xa que están tres dos catro primeiros equipos clasificados na Liga que gañou o equipo vilalbés.

O grupo sur está formado polos seguintes equipos: Lieders Futsal, Monterroso F.S.F., Cidade de Lugo F.S. e Meigallos de Sarria.

CALENDARIO COPA 1ª GALICIA FEMININA

FASE PREVIA (GRUPO NORTE)

Xornada 1 (07-08/04/18)
Pescados Rubén Burela F.S. – U.D. Pastoricense
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. – Concello de Begonte F.S.

Xornada 2 (14-15/04/18)
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. – U.D. Pastoricense
Concello de Begonte F.S. – Pescados Rubén Burela F.S.

Xornada 3 (21-22/04/18)
Pescados Rubén Burela F.S. – Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.
U.D. Pastoricense – Concello de Begonte F.S.

Xornada 4 (28-29/04/18)
U.D. Pastoricense – Pescados Rubén Burela F.S.
Concello de Begonte F.S. – Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

Xornada 5 (05-06/05/18)
U.D. Pastoricense – Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.
Pescados Rubén Burela F.S.- Concello de Begonte F.S.

Xornada 6 (12-13/05/18)
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. – Pescados Rubén Burela F.S.
Concello de Begonte F.S. – U.D. Pastoricense

SEMIFINAIS
(26-27/05/18)

1º Grupo Norte – 2º Grupo Sur (1)
1º Grupo Sur – 2º Grupo Norte (2)

FINAL
(02-03/06/18)

Gañador Semifinal 1 – Gañador Semifinal (2)

COMPARTIR