CUARTA DERROTA CONSECUTIVA DO VILALBA F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu ante o Carballiño F.S. por 5-4 na xornada 20 da liga de Terceira División Nacional celebrada no Pavillón “Paco Chao” do Carballiño na tarde do sábado.

Partido moi igualado que se decidiu no último minuto cun lanzamento de dobre penalti a prol do equipo local e que fai que o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. quede sen acadar puntos unha semana máis nos últimos segundos.

Cuarta derrota consecutiva do Vilalba F.S. que disputará o martes ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Castro Riberas de Lea o partido da xornada 17 suspendido pola condensación da pista. O cambio de instalación ven dado por estar ocupado o Pavillón Municipal de Vilalba polo desfile do entroido.