CUARTOS DE FINAL DA COPA DE TERCEIRA DIVISIÓN

O sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Talleres ABC I.E.S Coruxo F.S. no encontro correspondente aos cuartos de final da Copa Terceira División Nacional.

O equipo vilalbés que gañou o factor cancha ao quedar entre os catro primeiros clasificados, tiña que xogar contra o quinto clasificado o Sala Sport Culleredo pero a renuncia do equipo coruñés a xogar esta competición fixo que sexa o seguinte equipo clasificado o que visite ao Vilalba F.S.

O equipo vilalbés tratará de conseguir o pase á “final a catro”, que xa disputou na campaña pasada, fronte a un equipo que destaca pola súa fortaleza física, e que na liga perdeu en Vilalba por un apretado 5-4.