DEBACLE DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu goleado ante o Ribeira F.S. – Lieders por 7-1 no partido disputado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo correspondente á xornada 9 de liga da Autonómica feminina.

Mal partido o realizado polas xogadoras do Vilalba F.S. que non tiveron o seu día e acabaron goleadas polo primeiro clasificado.

O vindeiro domingo ás 13 horas o equipo vilalbés recibirá ao Fisober F.S. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Ficha Técnica: 

RIBEIRA F.S. – LIEDERS
Violeta, Mariña (2), Antía, Uxía (1), Elvira – cinco inicial – Wanesa, Carmen S, Lucía (1), Helena (1), Sara, Carmen C. (2), Cecilia, Carla e Miriam.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Carmela, Paulita, Aisha (1), Carla, Antía – cinco inicial – Iria, Noemí, Xiana, Akira, Lara, Carlota, Kayu e Marta.