DEBUT CON DERROTA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu ante o Ribeira F.S. – Lieders por 1-3 no partido disputado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba correspondente á segunda xornada de liga da Autonómica feminina ante un centenar de siareiros.

Non puido empezar con victoria o equipo vilalbés que caeu contra un equipo moito máis rodado. As rapazas vilalbesas acusaron a inactividade e a falta de conxunción xa que moitas xogadoras incorporáronse esta tempada ao plantel.

O vindeiro domingo ás 13 horas o equipo vilalbés visitará a pista do Fisober F.S.

Ficha Técnica: 

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Carmela, Paulita (1), Aisha, Carla, Antía – cinco inicial – Iria, Noemí, Akira, Lara, Carlota, Carolina e Marta.

RIBEIRA F.S. – LIEDERS
Wanesa, Lucía (1), Carmen (1), Uxía (1), Cecilia – cinco inicial – Violeta, Carmen, Helena, Sara, Mariña, María, Carla e Miriam