DEBUT CON VICTORIA DO XUVENIL

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu ao Meigallos F.S. por 4-1 no partido disputado o sábado pola tarde no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba correspondente á primeira xornada de liga da Autonómica xuvenil.

Gran victoria basada na primorosa actuación de Tini na portería que realizou numerosas paradas sobre todo no primeiro tempo ante un gran rival.

O público asistente, preto dun centenar de siareiros, disfrutou de novo dun partido do equipo xuvenil.

Ficha Técnica:

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tini, Pelouro (2), Iker (2), Tito, Hugo – cinco inicial – Xoel, Pablo, Tinete, Leiras, Chechu, Copa, Aitor e Pablito.

OS MEIGALLOS F.S.
Pablo, Brais, Andrés, Gonzalo, Alejandro – cinco inicial – Pablo, Alexander, Borja (1), Miguel, Saúl e Iago.